Chegan novas dun novo concurso na banda de VHF, modo FM. Persoalmente descoñecía a súa existencia e este ano resultarame imposible participar, pero aquí vos poño as bases, por se alguén se anima. Ao final podedes atopar un enlace para descargalas en formato PDF.
Outra información que nos chega a través de EA1AEN é a celebración do 4º Concurso VHF - UHF organizado pola Associação de Radioamadores do Alto Minho (ARAM).
Este concurso celebrarase o día 10 de maio próximo, nas modalidades de FM e SSB, nas bandas de 2m, 70cm e 23cm, dende as 12 ás 21 horas UTC.