1ª Feira da Radio Luso-Galaica
Enviado por eb1wm el Jue, 05/06/2008 - 18:03
Acabo de atopar con agradable sorpresa na web da Associação de Radioamadores do Alto Tâmega - ARAT o anuncio da celebración da 1ª Feira de Radio do Alto Tâmega, prevista para o vindeiro sábado 19 de xullo. Unha boa oportunidade para os amantes do chambo .
Últimamente non paran (repe D-STAR) e están a ser pioneiros en moitos aspectos do mundo da radio en Galiza e o Norte de Portugal. Non sei exactamente cantos asociados terá a ARAT, pero penso que están a demostrar que non por ser unha asociación máis pequena, se teñen que levar a cabo menos proxectos. O que máis importa é a ilusión e as ganas de facer cousas.
Dende estas liñas a miña noraboa a Eduardo (CT1DQV) e ao resto de colegas da ARAT.
Añadir nuevo comentario